Falece Pablo Carollo, presidente de Novas Xeracións do PP na provincia
Por Redacción
Pablo Carollo, o presidente de Novas Xeracións do PP na provincia de Pontevedra falecía este sábado aos 29 anos de idade. O mozo, natural da Estrada, levaba varios días ingresado nun centro hospitalario debido a unha doenza.
O máximo responsable da agrupación provincial da mocidade popular asistira, poucos meses despois da súa elección, a un encontro en 2015 en Pontevedra con Borja Sémper, portavoz do PP no Parlamento vasco, que se desenvolvera no Café Moderno. Alí coincidiu co voceiro municipal do PP en Ponteverda, Jacobo Moreira.
O presidente do Gobierno, Mariano Rajoy, ao igual que o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, expresaron o seu pesar a través de Twitter pola perda de Pablo Carollo.
Mi más sentido pésame por el triste fallecimiento de Pablo, Presidente de @NNGGPontevedra. Terrible pérdida de una vida tan joven y cargada de ilusión. Un abrazo cariñoso a sus padres, al resto de su familia y a sus compañeros. MR
— Mariano Rajoy Brey (@marianorajoy) 28 de abril de 2018
Sinto moito o falecemento de Pablo Carollo, presidente provincial de NNXX Pontevedra. O meu máis sentido pésame para a súa familia e amigos. ANF
— Alberto Núñez Feijóo (@FeijooGalicia) 28 de abril de 2018
Consternados e cun pesar inmenso polo falecemento do presidente provincial de Novas Xeracións, Pablo Carollo: compañeiro, amigo e traballador incansable pola mocidade da provincia.
— PP Pontevedra Prov. (@pontevedrapp) 28 de abril de 2018
O teu tempo entre nós foi breve, pero deixaches un recordo que perdurará sempre. pic.twitter.com/zKU2I5bXsG