Marín in black
Por Oskar Viéitez
O Movemento veciñal a prol dos Bens Comúns convocou á cidadanía a mobilizarse ás 20.30 horas do xoves fronte ao Concello de Marín.
Do mesmo xeito que nas anteriores convocatorias invitan aos cidadáns a que protesten contra as medidas de recorte do Goberno.
Con todo, a diferenza esta ocasión é que o colectivo fai un chamamento para que as persoas que acudan ao acto fágano vestidas de negro.
Din os responsables desta inciativa que será "para simbolizar a loita polo estado de benestar, do mesmo xeito que fan os funcionarios cada semana".