AJE Pontevedra quere gañar músculo
Por Oskar Viéitez
AJE Pontevedra quere gañar músculo. A Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) de Pontevedra puxo en marcha unha campaña de captación de novos socios.
Co lema de "Súmate. Xuntos emprendemos" ofrécense os tres primeiros meses gratuítos, con todos os servizos dispoñibles, a todos os interesados que queiran asociarse.
Segundo explicaron en rolda de prensa, Pablo Fernández e Alicia Montes, presidente e tesoureira de AJE Pontevedra, os requisitos que deben ter os novos socios son iniciativa persoal e compromiso co proxecto empresarial, vontade de aprendizaxe, capacidade cooperativa e disposición de traballar en equipo e inquietude pola actualidade do sector, as novas tecnoloxías e as redes sociais, entre outros aspectos que marcan este perfil.
Os interesados poden dirixirse á oficina central de AJE na rúa Ferreiros ou a través da súa páxina web. O período de promoción arrancou este martes 1 de maio e prolongarase ata o 31 de xullo.
A promoción inclúe descontos para os membros de AJE que "fichen" a un novo socio. A día de hoxe AJE Pontevedra ten 120 asociados, o obxectivo é aumentar a 150, e segundo Pablo Fernández con esta campaña preténdese ter "buen músculo" sumando máis afiliados e captando un "espectro mayor del empresariado".
Relacionadas:
-
AJE renova o seu escaparate dixital
Por Alejandro Vila de la Fuente & Redacción |
-
RADIO.- A playlist de ...Pablo Fernández e os seus continuos retos
Por Marisa Ciordia |
-
A Asociación de Jóvenes Empresarios pide medidas para fomentar a natalidade
Por Anxo Lourido |
-
Aje Pontevedra entrega ao Comedor de San Francisco a recadación do seu calendario solidario
Por Oskar Viéitez |