Un sábado "a pé de rúa" en Barcelos e San Antoniño
Por Redacción & Diego Torrado
As actividades do programa A pé de rúa, unha iniciativa enmarcada dentro da marca Pontevedra Capital Shopping, chegaron este sábado á rúa San Antoniño e á Praza de Barcelos.
Centos de persoas pasaron ao longo de todo o día por ambas as zonas para gozar dunha xornada repleta de música en directo, talleres para nenos, teatro ou clases de danza urbana.
A pé de rúa arrancou ás doce da mañá cunha exhibición de body jump a cargo do ximnasio Gimsport e un taller de horticultura creativa na praza de Barcelos.
Un dos eventos que máis público atraeu foi o festival do Estudo Bonobo, celebrado a media tarde, no que grupos infantís que se forman nestas instalacións subiron ao escenario para demostrar o seu dotes musicais.
En Barcelos, a diferentes horarios, tamén soou a música de Fondo Norte e Grima; mentres que outras actividades foron unha exhibición de danza urbana e un taller de bebidas saudables.
Ademais, en San Antoniño realizáronse varias performance durante todo o día, houbo un obradoiro de ilustración e animación pola rúa a cargo de Catro Quintos.
Relacionadas:
-
Pontevedra presume da "diversidade de cores" do comercio local fronte o Black Friday
Por Alejandro Espiño |
-
Os comerciantes de San Román sacan as súas tendas a pé de rúa
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O comercio da Oliva volve saír a pé de rúa
Por Redacción |
-
San Antoniño e Barcelos, escenario dunha programación cultural para impulsar o comercio
Por Alejandra Iannone |