Falece un home de 36 anos nun accidente laboral en Mourente
Por Redacción
Un home de 36 anos faleceu na tarde deste luns nun accidente laboral na rúa Ángel Limeses da parroquia pontevedresa de Mourente.
Segundo informou a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, o accidente produciuse ás 18.34 horas deste luns e o home, de iniciais J.Q.G., faleceu xa no lugar do sinistro.
O 061 enviou ao lugar dos feitos unha ambulancia medicalizada, pero os efectivos sanitarios non puideron facer nada por salvar a vida do home, que presuntamente morreu esmagado por unha pa mentres traballaba nunha leira.
Ata o lugar do accidente tamén se desprazou a Policía Nacional de Pontevedra, que investiga os feitos.