Gonzalo Caballero visita Cuntis e destaca a "xestión pública eficiente" do seu alcalde
Por Redacción
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, destacou este martes a "xestión pública eficiente e ao servizo da cidadanía" que está poñendo en marcha en Cuntis o goberno local encabezado polo alcalde socialista, Manuel Campos.
O líder dos socialistas galegos visitou este martes Cuntis en compañía de Manuel Campos e destacou o plan de obras e as actuacións levadas a cabo nas parroquias, así como o fomento das iniciativas turísticas.
Outra das cuestións que destacou Caballero foi a aposta do grupo de goberno polo emprego, que están permitindo que "Cuntis vaia a máis" a pesar de que o goberno do PP na Xunta de Galicia "arrincona" e "abandona" ao concello.
O líder socialista atribúe ao PP "desatención" cos concellos do interior de Galicia e, como exemplo, usou unha visita do presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, e o ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, a Sarria este luns, na que asegura que "foron facer unha obra de teatro na que retiraron os trens normais e puxeron outro ao servizo do PP".