Varios consumidores de haxix identifican un mozo como o seu "camelo" no Burgo
Por Redacción
O mozo Samuel P. foi identificado por varias testemuñas, dúas deles menores de idade, como a persoa que as subministraba de haxix durante o verán de 2017 na contorna da gasolineira do Burgo.
O acusado, que xa fora condenado a principios de 2017 por un delito de tráfico de drogas, realizaba a venda principalmente desde unha vivenda situada no Burgo.
Tanto os consumidores que acudiron a testificar na vista oral como os axentes da Policía Local e Nacional que interviñeron no operativo de vixilancia e detención sinalaron que o acusado era auxiliado en ocasións pola súa parella, unha menor de idade que se identificaba con datos dunha familiar tentando desorientar á policía. Os mozos empregaban o sistema de whatsapp para establecer contacto con nove persoas para fornecerlles os estupefacientes.
Ao imputado atopáronselle noutra vivenda na rúa José Millán máis de 350 gramos de haxix, ademais de cocaína e MDMA, substancias que o acusado sinalou que eran para o seu propio consumo. O valor da droga incautada superaría no mercado os 2.300 euros.
O fiscal, ao concorrer a circunstancia agravante de reincidencia, solicita unha pena para o acusado de seis anos de prisión e unha multa de 3.000 euros.