Poio abre o prazo de inscrición para o Campa Verán
Por Redacción
O vindeiro 21 de maio ábrese o prazo de inscrición para o Campa Verán 2018, actividade dirixida a nenos de 3 a 12 anos (nados nos anos 2005 a 2014) que terá lugar durante os meses de xullo e agosto nas instalacións do CEIP Isidora Riestra e no Complexo Deportivo Miguel Anxo Pazos.
Este ano o horario será de 8:30 a 14:30 horas, con posibilidade de ampliación.
As cotas fixadas serán por cada quenda de quince días e contempla descontos a partir do segundo fillo inscrito, así como para os empadroados no Concello de Poio.
As solicitudes de inscrición deberán presentarse no Rexistro do Concello xunto coa documentación requirida antes do 15 de xuño. Para máis información poden dirixirse á dirección de correo electrónico deportes.poiomovese@concellopoio.gal, ou nos teléfonos 986770001 (ext 1214) en horario de mañá ou 698146008 en horario de tarde.
Por outra banda, o 1 de xuño ábrese o prazo de inscrición para o Raxó Verán, actividade promovida pola Concellería de Educación dentro do programa Educándonos, que se celebrará no Centro Cultural Xaime Illa en horario de 9 a 14 horas.