Tan só 70 de pontevedreses conseguiron un posto de traballo en abril
Por Oskar Viéitez
O paro reduciuse en 15 comunidades autónomas, entre elas Galicia (728 parados menos), onde hai 290.459 persoas buscando emprego. As catro provincias galegas rexistraron baixada de desempleados pero en Pontevedra foron tan só 70 menos, rexistrando un total de 115.237 parados
En A Coruña 426 menos (en total 114.313 parados); Lugo 69 menos (29.310 parados rexistrados en abril); 163 menos en Ourense (31.599 parados).
Galicia foi unha das nove comunidades nas que baixou o número de persoas sen emprego, en concreto 728 menos. Así, a comunidade galega rexistrou 290.459 parados.
No conxunto do Estado, o mes de abril rexistrou 46.050 parados menos e baixou dos cinco millóns de desempregados.
No entanto, para contrastar recordemos que o outro indicador, o da Enquisa de Poboación Activa (EPA) do primeiro trimestre do 2012, publicada o 25 de abril, cifrou en 6.202.700 as persoas sen emprego en España.
Relacionadas:
-
Baixa o paro rexistrado en Pontevedra en 4.691 persoas en xuño
Por Oskar Viéitez |
-
O paro baixou en 3.241 persoas durante o mes de maio en Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Os sindicatos e o conselleiro de Economía discrepan ao evaluar os datos do paro
Por Redacción |
-
Nos sindicatos alégranse polo descenso do paro pero cren que se debe á Semana Santa
Por Anxo Lourido |
-
347 pontevedreses atopan traballo en marzo, 115.307 seguen buscando
Por Alejandro Espiño |