Lores felicita a Pedro Sánchez e pídelle cumprir coa retirada de Ence da ría
Por Alejandro Espiño
Apenas 48 horas despois da súa toma de posesión, o novo presidente do Goberno, Pedro Sánchez, terá sobre a mesa unha carta remitida polo alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores.
A misiva inclúe unha felicitación, en nome de todos os veciños de Pontevedra, pola súa elección como xefe do executivo, desexando que as súas decisións sirvan para "mellorar a vida dos cidadáns" e a "fortaleza colectiva" das nacións que compoñen o estado español.
Ademais, Fernández Lores aproveita para convidar a Sánchez a visitar oficialmente a cidade de Pontevedra, unha visita que "nos causaría unha especial satisfacción", sinala o alcalde, sobre todo cando Mariano Rajoy "con raizame na cidade" nunca aceptou o convite.
Iso si, a carta tamén mostra un cariz reivindicativo. O alcalde confía en que coa chegada do socialista á Moncloa se "consoliden" proxectos xa comprometidos e, por outra banda, se poidan dar pasos definitivos para a saída de Ence da ría de Pontevedra.
Lores lembra a Pedro Sánchez que a cidade de Pontevedra segue "loitando" por reverter a prórroga concedida á pasteira polo executivo de Rajoy e confía na súa "colaboración política" desde o Goberno, algo que supoñería un "apoio decisivo" para que a cidade e a ría "se poidan librar dese monstro contaminante".
A este respecto, o goberno municipal lembra que Pontevedra presentou no seu día dous recursos que nunca foron contestados, un en 2015 ante a declaración de caducidade parcial da concesión e outro en 2016 tras anunciarse a prórroga por 60 anos, dous trámites que están recorridos ante os tribunais.
O Concello espera que o novo Goberno "conteste" a eses recursos e, no caso de que o asunto acabe nos tribunais, que se "achande" e non presente batalla xudicial, o que facilitaría que a prórroga puidese ser anulada pola xustiza.
Relacionadas:
-
En Marea insta ao PSOE a cumprir co prometido e pechar Ence
Por Redacción |
-
O BNG leva ao Parlamento galego a anulación da prórroga de ENCE e a denegación da planta de biomasa
Por Oskar Viéitez |
-
En Marea asegura que o PSOE "xógase moito" coa decisión que tome sobre ENCE
Por Alejandro Espiño |
-
O pontevedrés Constantino Méndez, "ministro" de Defensa durante unhas horas
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
Rajoy marcha: "Es lo mejor para mí y para el PP. Y creo que también para España"
Por Alejandro Espiño |
-
ENCE chama "populista" a Lores e asegura que a súa fábrica non contamina "en absoluto"
Por Redacción |
-
Mariano Rajoy e Pedro Sánchez, na boca de todos en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Marea Pontevedra pónlle "deberes" a Pedro Sánchez: Anular a prórroga de ENCE
Por Oskar Viéitez |