Buscan fogares de acollida en Pontevedra para adolescentes con medidas xudiciais por malos tratos
Por Redacción
A Asociación Arela busca en Pontevedra familias ou persoas interesadas en acoller durante un tempo a menores adolescentes que contan con medidas xudiciais por malos tratos no ámbito familiar.
Trátase de mozos e mozas que contan cunha sentenza xudicial que inclúe unha medida de convivencia cunha persoa ou familia que traballe con eles un cambio en forma de relacionarse cos seus.
O programa 'Convive.Comigo' xorde da necesidade de dotar ao xulgado de recursos para que nas súas sentenzas poida impoñer medidas de convivencia en grao educativo, obrigando ao menor para vivir noutro contexto co obxectivo de mellorar a súa socialización e evitar unha posible reincidencia.
As familias ou persoas interesadas en acoller contarán co apoio de Arela, que lles ofrecerá formación e fará seguimento durante todo o proceso.
Estes acollementos adoitan ter unha duración de entre 6 meses e un ano.
Para máis información pódese contactar con Arela a través de convive@arela.org ou no teléfono 986212537.
Relacionadas:
-
Dúas familias marinenses interésanse no programa de acollemento de adolescentes que cumpren medidas xudiciais
Por Redacción |
-
Pontevedra súmase ao programa de Arela para buscar familias de acollemento para adolescentes
Por Redacción |
-
Búscanse segundas oportunidades para adolescentes con dificultades e medidas xudiciais
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |