Pontevedra cóidase e modernízase con Sra. Florinda
Un grupo de empresas galego, con anos de experiencia no sector da alimentación, abre un novo local en pleno centro de Pontevedra: Sra. Florinda.
Na rúa Loureiro Crespo, esquina con Antón Fraguas, enfronte do Graneiro de Amelia, este proxecto baséase en produtos de proximidade, súperalimentos, complementos deportivos, fitoterapia, intolerancias, alimentación ecolóxica e produtos sustentables.
CONSULTA DE SAÚDE
Unha vez máis, afastándose das grandes superficies, Sra. Florinda aposta por un proxecto que conciencia á xente que o comer san é a base da saúde. Para iso, incorpora no seu equipo a profesionais como: nutricionistas, quiromasaxistas ou adestrador persoal.
A instalacións contan con consulta propia, con especial atención á Dietética e Nutrición, onde o consello experto compleméntase cunha ampla gama de produtos de alimentación ecolóxica, vegana ou sen glute, así como nutrición deportiva.
O compromiso coa saúde esténdese a unha selección das mellores marcas de cosmética natural e ecolóxica, produtos bio-naturais para o coidado e a hixiene corporal.
OS PRIMEIROS CLIENTES
A xente comenta que o local é espectacular. Os primeiros clientes valoran os produtos e servizos que ofrece Sra. Florinda, pero tamén que se trate dun negocio de proximidade.
María Estévez: "son veciña da rúa e a verdade estou encantada, crean postos de traballo, que fai falta, e é algo novo".
Pablo Cerqueira: "isto vén ben para Pontevedra, que non se diga que non temos cousas boas".
UN NOME, UNHA HISTORIA
"Nunha encantadora vila, O Corpiño, existe a historia dunha muller, Señora Florinda". Deste xeito tan entrañable, explícase na páxina web de Sra. Florinda a orixe dunha marca con nome propio, que conecta co saber de sempre, transmitido de xeración en xeración: "Esta muller axuda coa súa sabedoría, herdada da súa avoa, a todos os que a ela achéganse. Acoden a ela na procura de remedios a todos os seus males". É a esencia da mellor tradición galega, a que nos fala da arte de curar, aliviar ou axudar con "herbas e outros elementos, sempre e cada un deles naturais", neste caso adaptada aos novos tempos.
PROMOCIÓN DE APERTURA
Sra. Florinda conecta tradición e modernidade nunha aposta innovadora, ao mesmo tempo que próxima. Por este motivo, os primeiros clientes están de parabéns. Nesta primeira semana de apertura, ata o 16 de xuño, regalaranse cupóns do 10% de desconto por compras superiores a 10 euros. Estes cupóns poderanse trocar ata o 7 de xullo. A oferta non é acumulable.
Sra. Florinda abre de luns a sábado nun amplo horario. Polas mañás, de 10:00 a 14:00, e polas tardes, de 17:00 a 21:00.