Un pontevedrés, detido por distribuir pornografía infantil a través das redes sociais
Por Redacción
A Policía Nacional detivo 24 persoas, entre eles un pontevedrés, por compartir pornografía infantil a través da rede social Facebook e o portal Skype. Outras oito persoas, ademais, deberán comparecer no xulgado en calidade de investigados.
Esta macro operación comezou tras recibir, grazas á colaboración de Facebook, información sobre varias persoas que intercambiaban este tipo de arquivos.
Tras identificar os donos deses perfís, todos eles foron sometidos a vixilancia, realizando posteriormente os rexistros domiciliarios. Neles, acháronse miles de arquivos, vídeos e fotografías relativas a menores vítimas de abusos sexuais.
Entre os detidos atópase un pastor evanxélico de Alacante, quen declarou ter os arquivos para "axudar a quen tivese esas inclinacións", un ex latin king que traballaba como monitor de comedor de nenas adolescentes en Madrid ou un paquistaní residente en Guipúscoa que hackeaba as claves da internet dos seus veciños para compartir o material pornográfico.
Tamén caeu un home de Granada que intercambiaba arquivos pedófilos con distintos individuos e, cando identificaba que eran menores, utilizaba á súa fillastra para que lles seducise e enviásenlle fotografías espidos e mantendo relacións sexuais.
Outro caso deuse en Mallorca, onde un home de 60 anos mediante un perfil falso en Facebook agregaba a varias mozas, sendo tamén perfís falsos, para parecer máis atractivo a outros menores. Unha vez engadidos como amigos, eran acosados sexualmente para que lles enviase arquivos pornográficos.
En Barcelona detívose a un cidadán de Ghana que distribuía imaxes de nenas de raza negra e a outro de orixe paquistaní que se centraba na pornografía infantil gai, mentres que en Torrevieja foi interceptado un británico que tiña no seu poder miles de arquivos relativos a abusos sexuais de gran dureza de menores de pouca idade.
Tras unha primeira fase da investigación, esta tomou un novo xiro cando se investigou a un mozo con discapacidade psíquica que, ademais de intercambiar pornografía infantil, mantiña contacto constante con pedófilos e menores de todo o mundo a través da aplicación de mensaxería Skype.
Con estes últimos, para propiciar que se habituasen á pornografía infantil, adoptaba a identidade dun neno para trivializar o envío de fotografías e vídeos do seu propio corpo espido. Ao investigar os obxectos intervidos constatouse que o seu irmán realizaba feitos similares de forma aparentemente independente.
Relacionadas:
-
Dous detidos en Pontevedra por compartir pornografía infantil a través de salas de chat
Por Redacción |
-
Deteñen un veciño de Vilaboa por tenencia e distribución de pornografía infantil e corrupción de menores
Por Redacción |
-
Detido un monitor de tempo libre en Pontevedra por distribuir pornografía infantil
Por Redacción |