Un veciño de Sanxenxo, detido por abusar sexualmente dunha menor de oito años
Por Redacción
A Garda Civil detivo un veciño do municipio de Sanxenxo, de 62 anos, como suposto autor dun delito de abusos sexuais, do que foi vítima unha menor de tan só oito anos de idade.
Segundo informaron fontes oficiais do instituto armado, as investigacións iniciáronse a principios deste mes cando, de forma circunstancial, un garda civil destinado no posto de Cambados recibiu unha gravación de vídeo na que se observa "unha secuencia de imaxes obscenas dun home efectuando tocamentos a unha nena", cando os dous estaban sentados na escaleira do patio dunha vivenda.
O equipo de Policía Xudicial da Garda Civil de Cambados fíxose cargo da gravación e despois dunha exhaustiva análise das imaxes, na que ademais dos tocamentos tamén se podía observar como o home bicaba á nena na boca, deduciuse como unha proba indiciaria licitamente obtida.
As indagacións realizadas concluíron coa identificación da vítima e do seu agresor, que foi detido por un delito contra a liberdade e indemnidad sexual.
A nena, segundo se averiguou, visitaba asiduamente o domicilio do seu agresor e, ao parecer puido ser victima de máis episodios de abusos sexuais por parte da mesma persoa.
A pesar de que os pais da menor negáronse a recoñecer as evidencias da gravación do vídeo, ata o extremo de que nin quixeron presentar denuncia nin permitiron a exploración testifical da súa filla, a Garda Civil procedeu de oficio á detención do home.
O detido, xunto coas dilixencias instruídas, foi posto o pasado venres a disposición do xulgado de instrución de garda de Cambados que decretou o seu ingreso preventivo en prisión e sen fianza no centro penal da Lama.