Deteñen na Estrada á parella de ladróns fuxidos do Salnés nun coche recén roubado en Pontevedra
Por Redacción
A Garda Civil detivo na Estrada á parella de ladróns aos que levaban pisando os talóns dende o fin de semana na bisbarra do Salnés. No momento da detención ían a bordo do turismo que subtraeron a primeira hora da mañá deste mércores na rúa Rosalía de Castro de Pontevedra, e cuxa subtracción foi adiantada por PontevedraViva.
A detención produciuse na estrada N-640, no cruzamento de Chapa cara a Silleda apenas unha hora despois da cal se levasen un turismo das portas da gardaría Pasitos de Pontevedra.
O roubo produciuse en torno ás 9.00 horas da mañá deste mércores e provocou que axentes da Policía Nacional e da Garda Civil realizasen un gran despregamento para deter os seus responsables, incluido un helicóptero que sobrevoou toda a comarca.
Fontes policiais indicaron que no vehículo finalmente sustraído ían catro persoas. Un deles, o único maior de idade, detívose na gardería Pasitos, na pontevedresa rúa Rosalía de Castro, para deixar un bebé e deixou as chaves no contacto. Esa circunstancia foi aproveitada por estes dous individuos para subir o turismo, un Toyota Yaris de cor negra. Para iso, obrigaron a baixar a unha rapaza e un neno que estaban no interior.
Segundo trascendeu máis tarde, os delincuentes esgrimiron unha navalla e cando obrigaron á moza a deixar o coche gritos pinchárona nun costado. Posteriormente, fuxiron en dirección a Marín e a muller alertou á Policía Local de Pontevedra.
Dende o primeiro momento relacionouse este suceso coa parella de toxicómanos que dende o pasado sábado estaba a ser obxecto dunha persecución pola provincia e á que o Instituto Armado vincula con polo menos media ducia de roubos. Debido a estas sospeitas, despregouse un amplo dispositivo policial que deu os seus froitos unha hora máis tarde na Estrada.
Segundo confirmaron fontes da investigación, polo camiño tiveron que deterse a botar gasolina, repostaron 50 euros na gasolineira da Estrada e fuxiron sen pagar en dirección a Silleda. O responsable do establecemento alertou á Garda Civil, que xa tiña alertadas a todas as unidades e despregou un dipositivo especial na N-640.
Cando viron pasaron o Toyota Yaris, déronlle o alto, pero este non se detivo. Comezou unha nova persecución e lograron darlle alcance a uns 300 metros cando estaba detido na beiravía. Tras ser detidos, foron trasladados a un cuartel da comarca de Deza e a última hora da mañá foron derivados á Comandancia da Garda Civil de Pontevedra.
Está previsto que nas próxims horas pasen a disposición xudicial, pero ata o momento están pechando todas as investigacións para aclarar en cantos feitos están implicados. Nun principio, pasará a disposición do Xulgado de Garda de Lalín.
Relacionadas:
-
O xuíz decreta o ingreso en prisión sen fianza da parella de ladróns capturada en Silleda
Por Redacción |
-
A parella de ladróns á fuga, sospeitosa dun roubo con violencia no Gorgullón o 1 de maio
Por Natalia Puga |
-
Deteñen na Estrada á parella de ladróns fuxidos do Salnés nun coche recén roubado en Pontevedra
Por Redacción |
-
Gran despregue policial para capturar a unha parella que roubou un coche na rúa Rosalía de Castro
Por Redacción |