Baixada das temperaturas e ceos cubertos para a próxima semana
Por Redacción
O prognóstico para os próximos días dos técnicos de Meteogalicia apunta que desde este luns persistirá o aire frío en altura moi preto de Galicia.
Durante os primeiros días da semana viviranse xornadas de moita inestabilidade atmosférica, con ventos de compoñente oeste, que achegarán humidade á franxa costeira e suavizarán as temperaturas.
Os ceos alternarán nubes e claros, con brumas na costa e nubes de tormenta no interior que poderían deixar chuvascos pola tarde. O vento soprará frouxo de compoñente oeste.
As temperaturas descenderán. Está previsto que na cidade de Pontevedra se alcancen os 24 graos.