RADIO.- Pontevedra non deixa "cabos soltos" ante a nova lei de espectáculos
Pontevedra xa decidiu como facer fronte á nova lei de espectáculos de Galicia e garantir que a intensa actividade cultural da cidade non se vexa mermada. Farao cun programa denominado Cabos soltos, segundo avanzou a concelleira Anabel Gulías.
A responsable de Promoción da cidade explicou que este programa permitirá a "asunción" por parte do propio Concello da programación cultural que, na actualidade, organizan asociacións e locais que non teñen licenza de sala de concertos.
Baixo este paraugas, todos eles terán "certa seguridade" para cubrir cunha normativa que deixa en mans dos municipios regular as actividades "máis complexas" como os concertos, tanto en espazos públicos como privados.
Calquera entidade que, a partir de agora, queira desenvolver calquera tipo de programación cultural poderá adherirse á iniciativa Cabos soltos. Poderao facer cubrindo un formulario que estará dispoñible na páxina web do concello.
A partir de aí, asumindo o Concello a responsabilidade desta actividade cultural, os promotores terán que cumprir unha serie de requirimentos, entre eles, un horario determinado, ter un seguro en vigor, respectar a normativa de seguridade e hixiene ou aceptar que as actividades en espazo público poden suspenderse por necesidade municipal.
Ademais, deberán informar ao Concello de todos os eventos que se programen, para que poidan ser publicitados polas canles correspondentes; e deberán reservar un mínimo de actividades para músicos e artistas locais, que serán reunidos nun catálogo que se editará no marco deste programa.
XORNADA DIVULGATIVA
A este respecto, a iniciativa municipal 'Pontevedra ten un puntazo' organizou para este mércores 27 de xuño unha xornada divulgativa para dar a coñecer a nova Lei de Espectáculos de Galicia. A convocatoria comezarás ás 20 horas na Casa da Luz e por tanto, desenvolverase cinco días antes da entrada en vigor da normativa, prevista para o luns 2 de xullo.
Sobre ela falará Patricia Hermida, manager, produtora e avogada especializada en dereitos de autor. Ten experiencia como músico e é xunto a Natalia Talavero, fundadora de MMF España, Music Managers Forum Spain; desde 2015 é igualmente vicepresidenta do International Music Managers Forum. Como manager ten na súa carteira de representados a Rosa Cedrón, Susana Seivane, Cuarteto Caramuxo, Agoraphobia, The Lákazans ou Herdeiros da Crus.
Patricia Hermida sinalaba en PontevedraViva Radio que esta lei "servirá para que músicos, salas e concellos traballen mellor e os traballadores estean máis coidados e protexidos". Con todo si considera necesaria una unha reforma máis profunda tanto do Estatuto dos Traballadores no ámbito musical, do catálogo de actividades das salas e de protección da cultura, porque hai normativas lindeiras que van influír na primeira.
Pola súa banda, tamén no programa Pontevedra ten un puntazo, a concelleira de Promoción Económica, Anabel Gulías manifestaba que é necesario un marco global para que todos os concellos traballen nas mesmas condicións, unhas diferenciacións que si pon en evidencia esta lei.
No caso concreto desta cidade, o Concello está a traballar nunha nova proposta para dar cobertura a todas as actividades culturais, chamada Cabos soltos, que supoñerá ademais unha serie de sinerxias entre a administración local e as entidades privadas e culturais da cidade.
Relacionadas:
-
RADIO.- Cara a cara: Especial Cabos Soltos coa portavoz da Plataforma Estatal Pola Música
Por Marisa Ciordia |
-
Nace Cabos Soltos, unha iniciativa municipal para que agrome a cultura emerxente de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Cabos Soltos, a nova aposta do Concello pola escena creativa emerxente
Por Redacción |
-
Case corenta concertos amenizarán en Pontevedra o debut do programa "Cabos Soltos"
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra alíase, a través de 'Cabos soltos', con case 40 locais para protexer a música en directo
Por Alejandro Espiño |
-
"Pontevedra ten un puntazo" organiza varios cursos formativos
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
RADIO.- O fotoxornalismo tamén ten un puntazo
Por Redacción |
-
RADIO.- Pontevedra ten un puntazo: Un "speed dating" para conectar a mozos creativos con empresas do sector
Por Redacción |
-
RADIO.- Víctor Flores tamén ten un Puntazo
Por Marisa Ciordia |