Os produtos ecolóxicos centrarán as actividades durante este domingo na Lama
Por Redacción
O alcalde da Lama, Jorge Canda e os coordinadores de Emrede, Luz Gómez e Claudio Fraga, presentaban este mércores o novo mercado de proximidade de produtos ecolóxicos e artesanais que acollerá a Alameda da Lama durante o vindeiro domingo 1 de xullo.
Diferentes alimentos como conservas, mel, doces, embutidos, queixo ou pan poderanse adquirir neste evento no que un grupo de mulleres do municipio presentarán os traballos que elaboraron a través de obradoiros de palilleras e de cestería.
A contorna estará adornado pola asociación cultural Ruta do Río Barbeira con varios espantallos nun espazo que contará con zonas de comida e con espazos chillout nos que se escoitará música tradicional. Ademais celebrarase unha comida popular con "porquiño á brasa".
Tamén está previsto celebrar obradoiros para todas as idades e actividades dedicadas aos menores que se desenvolverán nunha carpa con teatro infantil, actuaciones musicais e xogos.
Ademais será unha ocasión para potenciar a irmandade musical entre Galicia e Portugal, grazas ás actuacións de grupos como Catro Ventos, Os Morenos e os lusos de Vaiao e o concerto do grupo Willi Kings.