A Policía Nacional establece controis nas entradas de Pontevedra
Por Redacción
Axentes da Policía Nacional de Pontevedra pertencentes ao Grupo Operativo de Resposta (GOR) efectuaron tres puntos de verificación en diferentes zonas da cidade. Concretamente os controis localizáronse na avenida Josefina Arruti e na estrada de Ourense.
Estes controis realízanse de forma aleatoria en diferentes zonas da cidade para a prevención de actividades de carácter ilícito, furtos e roubos con forza en vivendas.
Estes dispositivos enmárcanse no Plan Comercio Seguro e o dispositivo de rebaixas. O dispositivo efectuado iniciouse este xoves ás 17.00 horas e finalizou ás 19.00 horas.
Nestes dous controis os resultados foron a identificación de 21 persoas, control de 15 vehículos, unha acta de drogas e unha acta de armas.