200 escolares participan na terceira quenda do campamento de verán 'Depo Aventura A Lanzada'
Por Redacción
Comeza a terceira fase do campamento de verán 'Depo Aventura A Lanzada' coa participación de 200 escolares, con idades comprendidas entre os 8 e os 13 anos, que proceden de diversos puntos da provincia.
A deputada de Xuventude, Digna Rivas, participou no acto inaugural no Centro de Vacacións da Lanzada. Este programa propón ofrecer actividades que melloren as habilidades sociais e os coñecementos sobre a paisaxe natural e o medio ambiente dos participantes.
Ata o 14 de xullo, estes escolares participarán en iniciativas deportivas, culturais e sociais con especial dedicación á posta en valor dos montes e á prevención de incendios forestais. Inclúese unha visita á illa de Ons e as actividades en lingua inglesa.
O programa deste ano conta con 2.200 prazas, 300 gratuítas, para todas as fases, que se prolongarán ata o 8 de setembro.