Heroes de Pontesampaio denuncia o abandono da illa de Medal
Por Oskar Viéitez
A asociación de veciños Heroes de Pontesampaio denunciou o estado de abandono que presenta a illa de Medal "en canto á súa iluminación".
Heroes cre que é un "despropósito" que unha vez cedida a illa ao Concello por parte da administración central, esta contaba cunha iluminación "moi bonita" pero que "desde hai algo mais de seis meses esta iluminación non existe", sen que desde o goberno local "ninguén se preocupe no arranxo e dando unha imaxe deplorable".
O colectivo veciñal tamén esixe "como mínimo unha persoa ou dúas cada día para limpar as rúas, beirarrúas, camiños, etc", dado que, ao seu xuízo, estes dan unha "imaxe de abandono total".
O presidente do colectivo veciñal, Ramón Agulla, engade que "unha limpeza xeral unha vez ao ano non é suficiente para manter limpa unha parroquia".