A Policía Local de Poio investiga unha persoa por malos tratos animais
Por Redacción
A Policía Local de Poio investiga un mozo de 19 anos veciño deste municipio por un presunto delito de malos tratos animais, a un can potencialmente perigoso.
No mes de maio una das voluntarias da canceira de Poio, puxo en coñecemento da Policía Local o estado no que se atopaba este animal con perigo para a súa vida pola cantidade de parasitos que portaba.
O animal foi trasladado a un centro veterinario para darlle un tratamento adecuado e tentar salvalo. O informe do veterinario recolle o estado de abandono e parasitación extrema, observándose centos de garrapatas distribuídas por toda a superficie corporal, poñendo en grave perigo a saúde tanto do animal como das persoas que habitan na contorna debida á posibilidade de contaxio de enfermidades de transmisión vectorial que poden portar estes parasitos. Ademais, presentaba un sangrado activo de feridas.
Por todo o exposto, a Policía Local de Poio investiga a este veciño de Poio por presunto delito de malos tratos animais que puido levar perigo para a vida do mesmo se non se intervira.
Os axentes municipais de Poio fan un chamamento para que se algunha persoa ten constancia duns posibles malos tratos animais póñase en contacto coa Policía Local no teléfono 689575495 ou no e-mail policialocal@concellodepoio.es