Os socialistas instan á limpeza dos terreos das antigas escolas taller de Monte Porreiro
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
As parcelas que no seu día ocuparon as escolas taller de Monte Porreiro están no "máis absoluto abandono", segundo denuncian os socialistas, que instan ao goberno municipal a que acondicione toda esta zona.
Os socialistas consideran "inadmisible" que se consinta esta situación, sinala o voceiro do PSdeG-PSOE, Tino Fernández, que lamenta que están a dar una imaxe "lamentable" e hai instalacións que están "inservibles", as ramas das árbores invaden as beirarrúas e hai maquinaria que está "devorada" pola maleza.
Na moción que presentarán ao pleno, os socialistas lembran o importante papel xogado por esas instalacións dedicadas a escolas taller e que serviron para formar a centos de persoas cun índice de inserción moi considerable. "Foron unha gran idea que desgraciadamente se truncou coa chegada do PP ao goberno da Xunta", segundo Fernández.
O portavoz do PSOE aproveita para lembrarlle ao alcalde que Monte Porreiro "existe e debe contar moito mais nos plans de actuación do goberno municipal".
Así, entre as propostas feitas polos socialistas atópanse, entre outras, a adopción de medidas para mellorar o tráfico na intersección da rúa Grecia coa rúa Alemaña ou que se aproveiten as instalacións municipais que hai no barrio.