A Festa do Marisco do Grove, a "cita gastronómica máis importante de España" para Air Europa
Por Redacción
A Festa do Marisco do Grove poderá chegar este mes de agosto ata 1,4 millóns de persoas que viaxen por toda España e a 25 países de América, 12 de Europa, un de Asia e outro de África.
Será a través da revista da compañía aérea 'Air Europa', que recolle, no seu número do mes de agosto, unha reportaxe adicada a esta cita gastronómica. A publicación 'Europa' é de carácter gratuíto e distribúese entre os viaxeiros da compañía en todos os seus voos. Isto supón que o exemplar teña unha audiencia potencial de 1.400.000 persoas ao mes, o número de viaxeiros da compañía segundo datos de AENA.
A compañía viaxa por Europa, América, Asia e África e a 29 destinos dentro de España, de maneira que a organización destaca que esta publicación supón un paso no camiño cara á internacionalización.
Esta publicación chega, maioritariamente, a persoas de entre 35 e 54 anos, que son precisamente as que se sitúan como público obxectivo da Festa.
A reportaxe destaca a beleza e grande diversidade de puntos turísticos da localidade, ao tempo que incide na especial importancia da Festa do Marisco como "a cita gastronómica máis importante de España". A calidade e peculiaridade do sabor do marisco do Grove son os elementos que se consideran fundamentais para non perderse a Festa do Marisco do ano 2018.
Relacionadas:
-
A Festa do Marisco do Grove realizará unha presentación nacional en Sevilla
Por Redacción |
-
Morgan, Sés, Freedonia, The Charlatans, Muchachito ou Eagle Eye Cherry actuarán na Festa do Marisco
Por Redacción |
-
As Rías Baixas van promocionarse fóra de Galicia a través das súas festas máis relevantes
Por María López Verdial & Mónica Patxot |
-
A Festa do Marisco pecha cos mellores datos do últimos dez anos
Por Redacción |
-
A Festa do Marisco do Grove xa ten cartel para a edición de 2018
Por Redacción |