O XantaCaldelas, a comida de confraternidade entre caldeláns e emigrantes, superará o milleiro de comensais
Por Redacción
O Concello de Ponte Caldelas viuse sorprendido polo entusiasmo que espertou a segunda edición do XantaCaldelas, unha comida de confraternidade entre emigrantes e veciños que residiron permanentemente en Ponte Caldelas.
A cita será este domingo, na Alameda, e espérase a presenza de máis dun milleiro de persoas que xa se inscribiron superando os 600 comensais da edición de 2017.
O Concello estuda a instalación dun valo na zona para acoutar o espazo de mesas e establecer un control de acceso áxil. Será necesario que os asistentes se identifique e porten o documento de pago dos 10 euros correspondentes ao prato.
O menú está composto por entrantes, con empanada e embutidos ibéricos, polbo á galega, richada con cachelos e torta xeada, ademais de bebidas e café. Haberá actuación musical neste evento que busca fortalecer a convivencia entre os caldelanos que residente habitualmente na vila cos que emigraron ao estranxeiro, a países como Brasil, México, Venezuela, Arxentina, Estados unidos, Suíza, Francia ou Alemaña.