O colexio Domingo Fontán de Portas gaña o concurso nacional "Si es orginal, eres de libro"
Por Oskar Viéitez
O xurado, composto pola bioquímica Margarita Salas; o filósofo Javier Sádaba; os escritores Carmen Riera e Juan Cruz Iguerabide; a catedrática Margarita Prado; o economista Ramón Tamames, e o presidente de CEDRO, Pedro de Andrés, elixiu este martes ao colexio Domingo Fontán de Portas como ganador do concurso nacional "Si es orginal, es de libro".
O CPI Domingo Fontán, co traballo Las cartas que escribió Vincent van Gogh, que foi coordinado pola profesora Sara Rosales, venceu na categoría de Segundo Ciclo da Eso. Os alumnos e profesores realizaron durante varios meses o mellor traballo de investigación na súa categoría, orixinal e que é respetuoso cos dereitos de autor.
Agora recollerán os seus premios o próximo 25 de maio nun acto que se celebrará na Casa do Lector, en Madrid. Alí recibirán un cheque agasallo por valor de 60 euros para a adquisición de libros e unha tableta dixital. Pola súa banda, os profesores que coordinaron estes traballos recollerán un cheque agasallo de 100 euros para libros e unha tableta dixital, e, finalmente, o centro escolar serán obsequiado cun cheque de 300 euros para a dotación de libros para a súa biblioteca.
"ÿ de libro" é o programa educativo que CEDRO puxo en marcha no 2006, dirixido a ESO e Bacharelato, e que ten como fin poñer en valor o libro, a creación e os dereitos de autor nas aulas. Na sétima edición do seu concurso inscribíronse 1.883 alumnos, organizados en 591 grupos de traballo, que coordinaron 215 profesores. Desde a súa posta en marcha, case 20.000 alumnos e máis de 2.300 profesores de toda España participaron activamente neste concurso.