Cambados xa ten o certificado de concello emprendedor
Por Redacción
A alcaldesa de Cambados Fátima Abal vén de recibir o certificado que outorga a Xunta de Galicia e a Fegamp aos concellos emprendedores que cumpriron coas condicións establecidos no convenio marco de colaboración entre Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias para fomentar a implantación e fixación de empresas en Galicia.
Fátima Abal salienta que con este certificado se consolida o labor á fronte do concello de Cambados, que conseguiu neste mandato, que emprendedores implantaranse neste municipio, conseguindo ao mesmo tempo que estes emprendedores creasen novos postos de traballo, fomentando a axuda á muller non só no ámbito da violencia de xenero senón tamén en lograr que emprendan negocios sen medo ao rexeitamento ou ao fracaso pola súa condición de ser muller.
Sentese tremendamente orgullosa de conseguir a través das institucións facer máis visible o papel da muller na sociedade, sobre todo nun municipio cunha arraigada vida mariñeira no que as mulleres mariscadoras son en moitas ocasións quen sustenta a familia co seu traballo diario, todo isto sen desatender aos labores do fogar.
Como di Fátima Abal, "son moitos os proxectos que podemos facer conxuntamente homes e mulleres para que Cambados sexa un auténtico referente na comarca do Salnés", e aínda que lle gustaría poder realizar todo máis rápido sabe que na administración todos os proxectos márcanos os tempos, "e é marabilloso recibir estas noticias que certifican que Cambados está no bo camiño".