Vaipolorío conclúe a campaña estival de limpeza do Gafos
Por Oskar Viéitez
Coa xornada de traballo deste domingo a asociación Vaipolorío concluíu a súa campaña estival de limpeza da canle do río dos Gafos.
Segundo informou o colectivo ecoloxista, nesta quinta e última xornada participaron uns 25 voluntarios que retiraron 165 quilos de lixo deste ecosistema fluvial.
En total este verán lográronse retirar preto de 800 quilos de desperdicios do río.
A zona na que máis lixo retirouse é a comprendida entre a rúa Otero Pedrayo e Ponte da Condesa, de onde a asociación retirou na xornada do pasado 12 de agosto 250 quilos de lixo.