Sanxenxo prepárase para a concentración moteira
Por Oskar Viéitez
Desde este venres Baltar, a partir das 17 horas, arrinca a edición número 34 da concentración moteira de Sanxenxo.
A xornada inaugural inclúe a apertura do mercadillo moteiro, concertos, festa e as exhibicións do campión de Europa Martín Rioboo en trial e de Paulo Martinho cun espectáculo de stunt, que repetirán o sábado.
Entre as diversas actividades do sábado a máis esperada é a cea, coroada festa moteira e sesión de baile con ambientación de Eme Música.
Finalmente o domingo os participantes nesta quedada farán unha excursión pola comarca do Salnés.
A organización premiará aos motoclubes con maior número de inscritos e aos pilotos, nacional e internacional, que viñesen de máis lonxe, así como aos máis veteranos.