A festa de volta ao cole e clases de baile animan a Zona Monumental
Por Oskar Viéitez
O Centro Comercial Urbano Zona Monumental, no seu ánimo de seguir dinamizando o centro histórico pontevedrés, celebrará o venres 14 a "Gran Festa Volta ao Cole". Será en horario de 16.30 a 20.30 horas.
Este ano introdúcense unha serie de novidades das que darán conta a próxima semana, aínda que anticipan que se mantén a festa da escuma que será ás 18.30 horas na Praza de Pedreira, fronte ao Pazo de Mugartegui.
Pero antes, este venres día 7 ás 20.30 horas, na Praza de Curros Enríquez desenvolverase a iniciativa "Baila na Zona Monumental", coa colaboración de Adrián Esperón e a escola Ponte Baile.
Esta actividade para todos os públicos e totalmente gratuíta consistirá nunha clase de baile da man do campión de España.
"Baila na Zona Monumental" repetirase o martes día 11 na Praza de Méndez Núñez e o venres 14 na Praza da Verdura, tamén a partir das 20.30 horas.