Hai petróleo na Ferrería?
Por Oskar Viéitez
A presenza dunha perforadora hidráulica na praza da Ferrería a primeira hora da mañá deste xoves chamou a atención de propios e estraños.
As obras nesta contorna concluíron hai xa varios días polo que esta actividade parecía non ter nada que ver con toda aquela reforma.
Alleos a estas tribulacións os operarios da empresa de Narón, Sondeos Rodríguez, iniciaron a súa tarefa na esquina da praza, no Paseo de Odriozola, fronte á praza da Estrela.
Unha tras outra foron entrando as barrenas de perforación no subsolo pontevedrés.
Unha señora, alarmada pola manobra, preguntou ao xornalista "Hai petróleo na Ferrería?"
Nesta ocasión non se trata de ningunha prospección petrolífera senón que o profundo buraco está destinado a unha toma de terra para o novo transformador de Fenosa que recentemente instalouse nesta contorna.
"Pois é unha pena. Porque o petróleo viríanos mellor a todos", despediuse a muller camiño do Mercado.