Pontevedra, por enriba dos 30 graos durante os próximos días
Por Redacción
Moitos pensaban que o verán xa acabara, pero parece que se equivocaban. Un novo anticiclón chega ás Rías Baixas e Pontevedra superará os 30 graos de temperatura durante os próximos días.
A partir deste luns, o tempo será seco e con moito sol. Os ceos estarán despexados e apenas haberá intervalos de nubes baixas nalgunhas zonas da xeografía pontevedresa.
As temperaturas manteranse estables, por encima destes trinta graos, polo menos ata o mércores; mentres que as mínimas, que comezan a semana en 16 graos subirán lixeiramente nas seguintes xornadas, segundo o prognóstico de Meteogalicia.
Os ventos, pola súa banda, soprarán de compoñente norte e con intensidade moderada.
Non haberá cambios significativos no tempo durante o martes, aínda que o mércores os ceos alternarán nubes e claros, coa posibilidade dalgún chuvasco tormentoso en puntos do interior. Iso si, manteranse as altas temperaturas.