Unha achega de 165.000 euros da Deputación permitirá ampliar o almacén municipal
Por Redacción
O goberno da Deputación de Pontevedra aprobará este venres un financiamento de 164.495 euros para as obras de ampliación do almacén municipal de Cerdedo-Cotobade. É unha achega que forma parte do Plan Concellos.
Os traballos consisten en engadirlle unha nova planta que permita o seu uso como local multiusos, para a realización de cursos e actividades, así como sala de reunións.
O almacén municipal sitúase entre o pavillón municipal e o colexio público de Cerdedo-Cotobade, estando habilitado o espazo para o uso de equipamentos públicos.
Na actualidade, o almacén dispón dunha planta semisoto de 294,91 metros cadrados construídos. O que se pretende, con este novo investimento, é engadir unha nova planta (planta baixa) para local multiusos de 290,30 metros cadrados construídos. Deste xeito, preténdese alcanzar unha superficie construída total de 585,21 metros cadrados.
A nova planta a construír terá acabados de carpintaría de aluminio, que se adaptarán ás existentes na zona. A cuberta será de panel sándwich de 80 mm, semellante ás cubertas existentes na parcela (colexio e pavillón).
As fachadas, pola súa banda, serán ventiladas combinando acabados de gres porcelámico con paneis de composite de aluminio, semellantes tamén aos acabados das edificacións existentes.
Con estes novo investimento, Cerdedo-Cotobade xa ten aprobados 928.103,11 euros do Plan Concellos para este ano. É o 74,6% do total destinado a este municipio.
Relacionadas:
-
Proxectan un novo local social multiusos no andar superior do almacén municipal de Cerdedo
Por Redacción |
-
Figueroa estreará en breve un renovado campo da festa con aparcamento anexo
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade, A Lama e Vilanova contratarán 41 persoas con cargo ao Plan Concellos
Por Redacción |