A lingua de signos, un pouco máis visible en Marín
Por Redacción
O Concello de Marín instalou un panel co alfabeto dactilolóxico no parque infantil da Alameda Rosalía de Castro.
Esta medida trata de dar unha maior visibilidade a este colectivo á vez que tenta familiarizar entre os nenos e nenas esta linguaxe dactilolóxico desde idades temperás.
A decisión de instalar o panel tomouse tras reunirse a concelleira de Benestar Social, Marián Sanmartín, con representantes da Asociación de Persoas Xordas de Pontevedra (APXP).
Esta asociación, que leva traballando desde 2005, loita pola accesibilidade universal e a representación dos intereses das persoas con discapacidade auditiva ante as administracións públicas, unhas 1.500 persoas entre Pontevedra, Marín e Poio.