O comedor escolar do colexio da Reigosa, asignatura pendente en Ponte Caldelas
Por Redacción
O goberno local de Ponte Caldelas fai un balance positivo do inicio do curso escolar e sinala que o centro urbano conta con suficientes alternativas de conciliación ao estar dispoñible o comedor escolar no colexio Cordo Boullosa, na gardería Galiña Azul, na ludoteca municipal e nunha gardería privada.
Con todo, o alcalde Andrés Díaz manifesta a súa preocupación pola falta de interese por parte da Consellería de Educación en dotar ao colexio da Reigosa dun comedor que permita esa conciliación cos pais e nais que traballan nas empresas situadas nos polígonos da Reigosa e do Campiño.
A obra require da sinatura dun convenio entre o Concello e a Xunta de Galicia. O goberno local está disposto a transferirlle os fondos económicos necesarios para que a administración autonómica, competente nesta materia, afronte a creación deste demandado comedor escolar.
Na carta enviada por Andrés Díaz ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, xa se incluía esta petición reclamando tanto o comedor como un ximnasio digno para os escolares.
Relacionadas:
-
Ponte Caldelas celebra o "cambio de postura" de Educación co comedor escolar da Reigosa
Por Redacción |
-
Educación estuda poñer comedor escolar na Reigosa e pagalo a medias co Concello
Por Redacción |
-
Andrés Díaz pide a Núñez Feijóo un "Plan Concellos" para repartir o financiamento municipal
Por Redacción |
-
Recollen sinaturas en Ponte Caldelas para reclamar un comedor e melloras no ximnasio do CEIP A Reigosa
Por |
-
O goberno local de Ponte Caldelas, disposto a asumir a construción do comedor escolar da Reigosa
Por Redacción |