Aparatoso accidente na Vía Rápida do Salnés
Por Redacción
O tramo final da Vía Rápida do Salnés, a VG-4.1, foi escenario a última hora do luns dun novo accidente de circulación.
No mesmo viuse involucrado un vehículo, da marca Volkswagen, cando por causas que non foron aclaradas o seu condutor perdeu o control e saíu da vía en Noalla, na recta que desemboca na Lanzada.
Foi un choque aparatoso, xa que o turismo saltou o gardarraíl e terminou envorcado na vía de servizo lindeira.
A pesar da espectacularidade do suceso, o condutor resultou ferido leve e logrou saír do vehículo polo seu propio pé, segundo informaron os efectivos de Eemerxencias Sanxenxo desprazados ao lugar.