O Premio Xoven Empresario de AJE repartirá este ano 45.000 euros entre os galardoados
Por Redacción
A Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) de Pontevedra volve convocar este 2018, por 23 ano consecutivo, o seu Premio Xoven Empresario e repartirá arredor de 45.000 euros entre os galardoados nas tres categorías e os tres accésit que inclúe a convocatoria.
O presidente, a secretaria e o vicepresidente de AJE, Pablo Fernández, Alicia Montes e Jesús Rey, presentaron a convocatoria este xoves e deron a coñecer que hai un incremento dos premios a entregar e tamén un novo accésit, que este ano será á innovación no sector alimentario. Os outros dous son á innovación e á creación de emprego mentres que os tres premios en si son iguais que en anos anteriores: Xoven Empresario do Ano, Xoven Emprendedor do Ano e Premio Honorífico a unha empresa de recoñecido prestixio da provincia de Pontevedra.
A convocatoria para a presentación de candidaturas estará aberta ata o 28 de outubro ás 23.59 horas e os premios entregaranse nunha gala que se celebrará o mércores 31 de outubro ás 20.30 horas no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra. A continuación, e como novidade, haberá un cóctel no restaurante de Pepe Vieira, La Ultramar.
Estes premios responden ao compromiso de AJE coa "promoción e difusión da cultura emprendedora, a innovación empresarial, a creación de emprego e a internacionalización da PEME" e buscan recoñecer e premiar a labor de aqueles emprendedores e empresarios novos que "co seu esforzo e dedicación contribúen día a día a crear riqueza e emprego na nosa provincia".
Este XXIII Premio Xoven Empresario de Pontevedra está dirixido a aquelas ideas de negocio que sean lideradas por mozos da provincia menores de 41 anos e sexan viables técnica e económicamente, co fin de "recompensar ese espíritu de loita" que os move a superar todos os obstáculos.
Toda a información sobre as bases e os premios pode consultarse na web oficial de AJE. Este ano, como novidade, os premios incrementan o seu valor -en 2017 foron uns 41.000 euros- porque todas as candidaturas presentadas optarán a unha nave (entre 131,20 m2 y 142,70 m2) no viveiro de empresas de Lalín da Deputación de Pontevedra, adecuada para a súa adaptación a actividade prevista durante un periodo dun ano sen costo, en renda e gastos de comunidade, salvo os gastos correntes/privativos que xere o propio negocio e as responsabilidades que da propia actividade se deriven.
Relacionadas:
-
AJE entrega os seus Premios Xove Empresario a un asesor financieiro online e a un negocio eólico
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
A Cidade da Cultura quere potenciar a visibilidade de Pontevedra no Gaiás
Por Anxo Lourido |
-
Francisco Barbeito, fundador de Cristalería Pontevedresa, recoñecido por AJE co seu premio honorífico
Por Oskar Viéitez |