Sanxenxo renova o contrato de seis auxiliares de policía e contratará 14 profesores de música
Por Redacción
O goberno local de Sanxenxo decidiu renovar o contrato ata decembro a seis auxiliares de policía. O persoal fixo da Policía Local está integrado por 25 membros que agora contarán con esta axuda.
Ademáis, este xoves publicáronse na web municipal as bases para a contratación de mestres para impartir clases na Escola de Música Municipal durante o curso escolar 2018-2019.
Serán un total de 14 prazas para as seguintes especialidades: guitarra, linguaxe musical, clarinete, trompa, educación musical, violonchelo, frauta, percusión, trombón, oboe, 2 de piano, saxo e tuba.
As probas terán lugar o martes 2 de outubro. O inicio das clases será ao longo do mes de outubro e durarán aproximadamente ata finais do mes de xuño do próximo ano.
A escola de música conta 150 alumnos matriculados nos distintos graos entre nenos e adultos. O ano pasado a escola de música mellorou a súa oferta educativa ampliando en 9 horas lectivas/semana o que permite unha mellor atención e aproveitamento das clases e a mellora da cociente profesor/alumno.