Falece un mozo tras ser golpeado polo mar mentres practicaba kitesurf na Illa de Arousa
Por Oskar Viéitez
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Un kitesurfista faleceu esta mañá mentres practicaba este deporte na Praia de O Bao, na Illa de Arousa. Trátase de Carlos Castaño Ferreiros, concelleiro do PSOE no Concello de Catoira desde hai tres mandatos e nos últimos tempos responsable do departamento de Sanidade. Tiña 41 anos e era natural e veciño de Catoira.
Segundo informaron fontes oficiais do 112, ás 11:00 horas recibían o aviso dun particular que alertaba dun mozo en apertos na Praia do Bao. Nese momento, persoal sanitario do 061 comunicaba que o mozo xa fora rescatado da auga e que o helicóptero medicalizado con base en Santiago dirixíase ao lugar.
Segundo o seu relato, o mozo tras ser golpeado polo mar foi rescatado polo seu propio compañeiro, que tamén practicaba este deporte.
O servizo de emerxencias mobilizou a unha ambulancia medicalizada, aos bombeiros e á Policía Local da Illa. Durante máis de 40 minutos, os médicos trasladados ao lugar trataron de reanimalo sen éxito.