Comisións Obreiras defenderá nos despachos e na rúa os postos de traballo en Ence e Elnosa
Por Oskar Viéitez
O secretario de organización da Unión Comarcal de Comisións Obreiras de Pontevedra, José Luis García Pedrosa, anunciou que o seu sindicato defenderá nos despachos e na rúa os postos de traballo en Ence e Elnosa.
Pedrosa compareceu este luns en rolda de prensa para anunciar a posición do seu sindicato ante o "conflito político" aberto contorna ao complexo industrial de Lourizán por mor da proposta do Partido Socialista de crear unha mesa de negociación co goberno do Estado para abordar o traslado da pasteira.
En primeiro lugar, Comisións Obreiras lamentou que non se pensou nos traballadores como unha das partes implicadas nesta mesa de diálogo ademais "cuestionamos a forma, o fondo e a utilidade desta iniciativa", indicou.
O traslado da fábrica de celulosa é inviable segundo entende este sindicato á vez que alerta que o emprego na comarca de Pontevedra é "miserable" e adoece dunha "deterioración permanente".
Por este motivo farán "unha defensa activa dos seus postos de traballo" polo que "disputaremos todos os espazos" con quen cuestione a continuidade de Ence e de Elnosa.
Así, e en referencia á recente reunión con responsables do Goberno de Pedro Sánchez coa Asociación pola Defensa da Ría apunta Comisións Obreiras que "nós iremos a Moncloa a entregar outro dossier" e igualmente farán con calquera iniciativa parlamentaria. Ademais retomarán as mobilizacións na rúa.
Finalmente García Pedrosa criticou ao delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada porque aínda non lles contestou a unha solicitude de entrevista pedida hai un mes, e tamén lamentou os posicionamentos públicos dalgúns mandatarios socialistas por dar por feito que será negativo o informe do Consello de Estado sobre a concesión dos terreos de Elnosa.
"Parécenos politicamente desacertado e, desde o punto de vista legal, pode haber algo similar á prevaricación", sinalou.
Relacionadas:
-
Elnosa manterá a súa sede en Pontevedra desde onde administrará a súa nova fábrica de Torrelavega
Por Oskar Viéitez |
-
Os comités de empresa de ENCE Pontevedra serán recibidos na Moncloa
Por Oskar Viéitez |
-
O Goberno, disposto a participar nunha "mesa de diálogo" polo traslado de Ence
Por Alejandro Espiño |
-
O PP critica aos socialistas por xerar "incertidumbre" nos traballadores de ENCE
Por Oskar Viéitez |
-
Defensa da Ría cre que a mesa negociadora polo traslado de ENCE chega "tarde, mal e a rastro"
Por Diego Espiño |
-
Os socialistas pídenlle ao alcalde que non se esconda e explore a posibilidade dun traslado de Ence
Por Oskar Viéitez |
-
Cidadáns e Podemos critican a "política de ciencia ficción" dos socialistas con Ence
Por Oskar Viéitez |
-
Rafa Domínguez asegura que o traslado de Ence é inviable e critica ao PSOE por "engañar a la gente"
Por Oskar Viéitez |
-
Concello e Xunta critican o anuncio do PSOE de que o Estado está disposto a negociar o traslado de Ence
Por Oskar Viéitez & Alejandro Espiño |