A Festa do Marisco do Grove, unha aposta segura
Por Redacción & Diego Torrado
Milleiros de persoas pasaron xa polo Grove durante as primeiras xornadas da LV Festa do Marisco.
A vila meca atópase ao 100% de ocupación, e non só a carpa gastronómica do Corgo reflicte esa situación, senón toda a localidade, con visitantes procedentes de todas as rexións de España e tamén do estranxeiro.
Todo por degustar os manxares das rías, co arroz de marisco un ano máis como prato estrela ao ser o máis demandado na Festa, seguido das zamburiñas e as navallas á prancha.
A pesar da alta asistencia nos primeiros días e momentos de cheo total no Corgo, todo está a funcionar como unha maquinaria ben engrasada para que non se produzan apenas esperas.
Con todo, aínda que o protagonismo lévao a comida, non todo é degustación no Grove, cunha ampla programación que inclúe exhibicións de cociña de recoñecidos chefs como Sergio Musso (Eclectic), Lucía Freitas (A Tafona) ou Bruno Pena Arnau (A Horta de Paula), entre outros, ademais dun mercado de artesanía, eventos deportivos populares como a carreira da Festa do Marisco, a regata de dornas e mesmo a rechamante concentración de vespas e lambrettas.
Tamén se converteu nun importante punto de atracción os concertos musicais, polos que xa pasaron bandas de prestixio nacional como Morgan, Freedonia e The Charlatans e que espera nos próximos días a C Tangana, Banana Baía, Sés, Mercedes Peón, Sonia Lebedynsk, Los Árboles, Muchachito, Bad Gyal, Eagle Eye Cherry ou Sexi Sadie.
Ata o próximo 14 de outubro aínda hai Festa do Marisco para longo.
Relacionadas:
-
O delegado do Goberno apoia con su presencia a Festa do Marisco do Grove
Por Redacción |
-
Martín Berasategui, premio nacional de gastronomía tradicional Lola Torres
Por Redacción |
-
A Festa do Marisco do Grove súmase ás campañas antiacoso
Por Redacción |
-
O Grove, listo para servir o mellor marisco do mundo
Por Redacción |
-
Morgan, Sés, Freedonia, The Charlatans, Muchachito ou Eagle Eye Cherry actuarán na Festa do Marisco
Por Redacción |