Excarceran un condutor do seu vehículo tras saír da vía en Caldas de Reis
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Un condutor resultaba ferido en Caldas de Reis, segundo informan os servizos de Emerxencias do 112, ao saír da vía cando circulaba tentando incorporarse á AP-9, no punto quilométrico 110, en dirección a Santiago de Compostela.
Foi necesaria a intervención dos Bombeiros de Vilagarcía, que acudiron para excarcerar ao condutor que permanecía atrapado no interior do vehículo ao chocar contra a mediana da autoestrada. Cando se logrou a súa liberación, o home foi evacuado nunha ambulancia do 061, que o traslado a un centro hospitalario.
Ademais dos servizos sanitarios e dos Bombeiros de Vilagarcía, ata a zona desprazáronse axentes da Dirección Xeral de Tráfico, da Policía Local e efectivos do GES de Valga e de Protección Civil de Caldas.