Atribúen a unha veciña de Poio que agora está en prisión tres roubos en casas de Caldas e Vilanova
Por Redacción
A Garda Civil logrou identificar unha veciña de Poio como presunta autora de tres roubos en vivendas cometidos no último ano en Vilanova de Arousa e Caldas de Reis. A identificación non supuxo a súa detención porque a muller, de 33 anos, xa está en prisión desde o pasado mes de agosto cumprindo condena por outros feitos similares.
A súa identificación realizouse no marco da bautizada como operación 'Pañuelo', desenvolta polo equipo de investigación da compañía da Garda Civil de Vilagarcía de Arousa, coa colaboración dos postos de Vilagarcía e Caldas de Reis.
A detida responde as iniciais Y.G.G. e, segundo puideron determinar os investigadores, en todos os feitos que se lle atribúen utilizaba unha furgoneta de cor branca para os seus desprazamentos e seleccionaba as vivendas que se atopaban diseminas no ámbito rural, especialmente aquelas que estaban habitadas por persoas de avanzada idade.
O primeiro dos feitos esclarecidos remóntanse a hai un ano, en outubro de 2017, cando unha veciña de Vilanova sorprendeu a unha muller de etnia xitana no interior do seu domicilio revolvendo os caixóns das mesillas dunha das habitacións, evitando desa maneira que levase varias xoias e un reloxo que xa tiña apartados para ser subtraídos.
Un mes despois, a mesma persoa consegue acceder a outra vivenda en Vilanova de Arousa a través dunha porta traseira do inmoble que se estaba aberta. Nesta ocasión conseguiu levar 3.500 euros en efectivo e un importante lote de xoias que atopou no domicilio.
O terceiro roubo produciuse maio nunha parroquia de Caldas de Reis. Dúas mulleres, un home e unha nena acudíronse na porta dunha vivenda, chamaron ao timbre e pedíronlle un vaso de auga á persoa que lles abriu. Mentres establecían unha animada conversación coa dona co obxecto de distraela, outra persoa accedeu á casa pola parte posterior do inmoble e subtraeu 600 euros en efectivo, unha cámara de vídeo e o disco duro dun computador.