Operativo especial de tráfico o domingo con motivo do Medio Maratón
Por Redacción
A Policía Local de Pontevedra deseñou un operativo especial de tráfico con motivo do Medio Maratón que se disputará o próximo domingo 21 de outubro na cidade, co obxectivo de reducir ao máximo as complicacións na circulación e garantir que a proba deportiva se celebre con normalidade.
As medidas aprobadas pola Policía Local supoñen o peche ao tráfico das rúas polas que pasa a proba deportiva e os seus accesos desde o inicio da proba sobre as 10.15 horas ata o seu remate aproximadamente ás 14.00 horas, aínda que algunhas rúas poderán pechar con antelación á hora prevista por cuestións organizativas e de loxística.
Esta información adxunta unha imaxe facilitada pola Policía Local sobre o percorrido da proba e as zonas afectadas polas medidas do operativo de tráfico, que quedarán sen mobilidade de vehículo, pero terán sempre unhas vías alternativas de acceso e saída. No caso do casco histórico todas as saídas faranse a través da praza de España.
O percorrido da proba será: ponte dos Tirantes (dirección Marín), avenida de Bos Aires, avenida Uruguay, Corbaceiras (xiro de 180º, fronte a praza do Gremio dos Mareantes), Corbaceiras, avenida Uruguay, avenida Bos Aires, travesía Galera, rúa Arzobispo Malvar, Praza de España, Marqués de Riestra, Praza San Xosé, rúa Augusto González Besada, Praza de Galicia, Augusto García Sánchez (polo carril de sentido contrario á circulación), rúa Xeneral Rubín, paseo de Valle Inclán e Iglesias Vilarelle (accédese despois da intersección coa rúa Taboada Nieto).
Continuará por Alcalde Hevia, San Pedro Alcántara, Peregrina, Andrés Mellado, Andrés Muruáis, Peregrina, Praza da Peregrina, Odriozola, rúa dos Soportais, Praza de Curros Enríquez, rúa Real, Praza Celso García de La Riega, Valentín García Escudero, avenida Bos Aires, rúa Padre Gaite, Padre Fernando Olmedo, Camiño Vello de Castilla, rúa Jose Malvar, vial superior da antiga Tafisa, ata a avenida de Bos Aires e rotonda da Ponte dos Tirantes