Condenan o 'narco' Carballa, a súa muller e a súa filla, pero absolven o seu xenro e dous supostos homes de palla
Por Redacción
A Sección Cuarta de la Audiencia de Pontevedra condena a cinco anos de prisión e o pagamento dunha multa de tres millóns de euros ao contrabandista e narcotraficante Antonio Carballa Magdalena ao consideralo responsable do delito de branqueo de capitais procedentes do narcotrafico polo que foi detido no marco da operación Patas e xulgado a principios de abril na Audiencia Provincial de Pontevedra.
A sentenza impón idénticos pena e delito á súa esposa, María Luisa González Iglesias. Ademais, o matrimonio quedará sen todos os seus bens e tamén foi condenado a súa filla, Beatriz Carballa González, se ben no seu caso a condena se limita a seis meses de cárcere e unha multa de 30.000 euros, ao considerar que a moza actuou como home de palla do seu pai, pero non tiña unha relación tan directa co branqueo como os seus pais.
A sentenza da Audiencia Provincial de Pontevedra absolve os outros tres homes que se sentaron no banco dos acusados como supostos homes de palla de Carballa á hora de adquirir bens co diñeiro que el amasara na súa etapa dedicada ao narcotráfico. Trátase do xenro do 'narco e os irmáns arousanos Prado Padín.
A sentenza si atribúe a Carballa ter adquirido bens inmobles, terreos ou vehículos con diñeiro negro, pero non considera probado que se dedicase a actuar de prestamista de distintas persoas do seu ámbito, tal e como sostiña o fiscal no seu escrito de acusación en base, sobre todo, a unha libreta con anotacións que se localizara en poder do procesado.
A vinculación de Carballa co narcotráfico remóntase ao ano 1983, cando foi condenado a tres anos de prisión pola Audiencia de Pontevedra a tres anos de prisión. Dende entón, tamén foi condenado a 1988 e 1998 pola Audiencia de Pontevedra e a Audiencia Nacional e o seu nome figura en investigacións por tráfico de drogas de Vixilancia Aduaneira e da Policía Nacional.
A operación Patas do ano 2011 sacou á luz os feitos polos que acaba de ser condendo. Durante o xuízo celebrado na Audiencia Provincial o procesado aproveitou a súa alegación final ao termo da vista oral para defender a súa inocencia e asegurou que dende a súa última detención por narcotráfico no ano 1995 intentou "vivir en el lado bueno de la ley", pero se encontrou con moitas dificultades.
Relacionadas:
-
Prisión sen fianza para seis dos 21 detidos no alixo de 3.400 quilos de cocaína da operación Albatros
Por Natalia Puga |
-
O 'narco' Carballa lamenta que o seu pasado "arrastre" a súa familia e intenta reinserirse dende 1995
Por Natalia Puga |
-
O diñeiro non viña da droga, estaba gardado debaixo do colchón
Por Natalia Puga |
-
Xulgan a Antonio Carballa, a súa familia e outros tres homes de palla por branquexar diñeiro do narcotráfico dende 1994
Por Redacción |