RADIO.- A gruta de Gizamaluke estréase coa saída de Red Dead Redemption 2
Por Redacción
Xa tes a disposición o podcast do primeiro capítulo de 'A gruta de Gizamaluke'. Esta incorporación aos contidos de PontevedraViva Radio é resultado da colaboración con Morcego, a primeira revista dixital en galego sobre videoxogos. Así o seu creador e xestor, Carlos Pereiro 'Charlie', capitanea estes programas nos que vai estar acompañado de streamers e gamers, como é o caso do arousán Ruchito.
'A gruta de Gizamaluke' terá algunhas seccións fixas como 'Que pasa non mundo?', centrada na actualidade do sector. Para esta primeira edición: a nova loitadora para SoulCalibur VI que anunciou Bandai Namco; mostras de Anthem, o xogo de acción multijugador de BioWare, que se lanza o 22 de febreiro; antes, o 24 de decembro 'Catch The Kids: Priest Simulator Game', un satírico simulador de sacerdote desenvolvido por Petroallah e Fon Danyrotsky. E para completar o menú de actualidades a lista dos 20 xogos de Playstation Classic.
Para 'Preme o play!', Charlie selecciona unha banda sonora ou unha canción relacionada cos videoxogos; para estrear recupera 'Final Fantasy X'. 'Dando a nota', esta vez co recentísimo lanzamento de Red Dead Redemption 2.
E para que os gamers teñan uns festivos de medo, en 'Un samaín coa consola prendida' unha terrorífica recomendación de videoxogos para estes días.
Seguro que quedarán ganas de máis, así que en sete días, cada luns, 'A gruta de Gizamaluke', o primeiro podcast en galego sobre videoxogos, volve a PontevedraViva Radio.