Os populares acusan o bipartito de tentar "silenciar" o seu traballo na Deputación
Por Oskar Viéitez
Nunha comparecencia á porta de entrada do Pazo Provincial os deputados do grupo do Partido Popular denunciaron este martes que o goberno bipartito (PSOE e BNG) da Deputación de Pontevedra está a tentar "silenciar" o traballo da oposición.
O portavoz popular, Ángel Moldes, asegurou que "non nos van a amedrentar" e advertiu que seguirán denunciando "a falta de diálogo, de investimentos e de capacidade de entendemento" do goberno que preside Carmela Silva.
O PP insistiu en criticar que non hai fondos para os concellos nin unha repartición equitativa, apuntando como consecuencia que "hai alcaldes que senten desprotexidos e que xa están a ir ao xulgado porque non se fían da Deputación". Moldes tamén denunciou tamén a "intimidación" que sofren os alcaldes e colectivos por parte dos "asesores da presidenta".
A deputada Elena Muñoz referiuse ao ocorrido no último pleno da Deputación cando PSOE e BNG negáronse a debater as tres mocións presentadas polo PP, unha estratexia política que valorou como unha "falta de respeto para todos los vecinos de la provincia" e engadiu que "fue un espectáculo lamentable, algo que debe abochornar la cualquier demócrata".
Finalmente os deputados do PP afirmaron que a Deputación de Pontevedra está a converterse nunha "plataforma política de confrontación con aquellas administraciones que gobierna el PP" e criticaron a "papelón" que, ao seu xuízo, está a facer o BNG, "absolutamente arrodillado" ante o PSOE vigués.