Mellorar a mobilidade e o saneamento, obxectivos das obras abertas na avenida de Ourense
Por Redacción
Durante estas semanas está a acometerse en Marín unha obra estratéxica na avenida de Ourense de Marín para expor a renovación do colector xeral e mellorar as verteduras que se producen na ría a través da zona portuaria, segundo informan desde o Concello.
Está a actuarse, segundo o goberno local, en todas as redes e creando unha rede separativa de pluviais e fecais nos puntos nos que non existe co obxectivo de que chegue á estación depuradora de Praceres.
O goberno de María Ramallo recoñece que se trata dunha obra complexa pola dificultade na execución nunha vía de titularidade do Estado, que ademais é a principal arteria de entrada e saída de tráfico do municipio. Os traballos dificultan o tránsito por toda a zona e crea problemas para o aparcadoiro.
Augas de Galicia adxudicou os traballos á empresa Copcisa S.A. por unha cifra superior ao 1.802.000 euros. O prazo de execución é dun ano. O primeiro tramo que se está levando a cabo agora durará dous meses.
Está previsto que se mellore tamén o espazo de conexión das zonas urbanas que conflúen na avenida de Ourense e no tramo de paseo desde a praza de España ata o final da avenida. Para esta reforma proxéctanse tramos de carril bici e tramos de coexistencia entre ciclistas e peóns. Mellorarase a iluminación, o mobiliario urbano, o pavimento e a sinalización.
Para este proxecto, que será tramitado nos próximos meses, tras a solicitude de autorizacións sectoriais, establécese un orzamento de 1.400.000 euros.
Relacionadas:
-
Copcisa dá conta ao Concello do estado das obras do colector na Avenida de Ourense
Por Oskar Viéitez |
-
Ethel Vázquez garante que o novo colector de Marín estará listo a finais de 2019 para reforzar a depuradora de Praceres
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
O BNG pide solucións á carencia de lugares onde aparcar o coche en Marín
Por Oskar Viéitez |
-
Marín inicia as obras do colector xeral na Avenida de Ourense
Por Redacción |