Unha árbore de 30 metros na Ferrería, principal adorno da iluminación de Nadal
Por Alejandro Espiño
Digno pero sen ser pretencioso. Así describe o goberno municipal como será a iluminación de Nadal que adornará Pontevedra nestes días festivos. A empresa Creaciones Luminosas SL será a encargada de decorar as rúas e prazas da cidade. Farao por 116.904 euros. Outros 22.009 euros recibirá por facer o mesmo durante o Entroido.
Para o Nadal, o principal atractivo será unha árbore de trinta metros de altura que se instalará na praza da Ferrería. Terá dúas portas para poder acceder ao seu interior e, ademais, haberá unha rampla para facilitar a entrada a persoas con mobilidade reducida.
Outra árbore de dez metros e unha bóla de catro metros de diámetro serán dous dos elementos decorativos que máis chamarán a atención durante os días do Nadal.
Ademais, a empresa instalará oito arcos transversais en todas as entradas da cidade, 155 arcos luminosos nas rúas, 91 motivos de luz en farois ou árbores e iluminaranse os camelios da Praza de Ourense con 900 microlámpadas LED. O parque de bombeiros tamén terá, como é habitual, unha iluminación especial.
A esta iluminación sumarase á que, desde hai uns días, empezouse a colocar en rúas do centro histórico, froito dunha colaboración municipal coa asociación de comerciantes.
O obxectivo que se marca o Concello é que a iluminación de Nadal poida acenderse a primeira semana de decembro.
Relacionadas:
-
Poio acenderá a iluminación do Nadal o mércores 5 de decembro
Por Redacción |
-
A árbore de Nadal da Ferrería ten moi boa pinta
Por Oskar Viéitez |
-
Zona Monumental inviste preto de 17.000 euros na iluminación do centro histórico
Por Redacción |
-
Pontevedra acenderá o 5 de decembro a iluminación de Nadal
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Pontevedra gastará 122.000 euros en iluminar a cidade para o Nadal
Por Oskar Viéitez |