Investigan o achado de restos óseos humanos en Pazos de Borela
Por Natalia Puga
A Garda Civil de Pontevedra mantén aberta unha investigación para aclarar o achado de restos óseos aparentemente humanos nun terreo forestal do Concello de Cerdedo-Cotobade.
Os restos localizados foron unha caveira, unha mandíbula e unha morna e apareceron nunha zona frondosa próxima ao río denominada A Carballeira en Pazos de Borela.
Tras a aparición dos restos e dunha corda colgada dunha árbore, axentes do posto de Pontevedra da Garda Civil abriron unha investigación para tentar pescudar a quen pertencen.
Os restos foron localizados sobre as 16.50 horas, pero non puideron retirarse nese momento porque a falta de visibilidade na zona impediu a actuación do equipo forense.
Fontes veciñais consultadas indicaron que os restos poderían pertencer a un veciño da zona desaparecido fai máis dun ano, en agosto de 2017. Trátase de P.C.P., que no momento da súa desaparición tiña 55 anos. En todo caso, é necesario que se lle realicen aos ósos probas máis específicas.